Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2018

Celebramos a Lupercalia en Val do Libro

  A festados namorados ou S. Valentín ten a súa orixe no que os romanos denominaban "Lupercalia". Esta festa era celebrada o 15 de febreiro en honra ao fauno Luperco, antigo deus romano protector dos rebaños e bosques. O seu nome vén debido a que esta celébranse no Lupercal, unha gruta que se atopa no monte Palatino (lugar onde vivía Luperca, a loba que alimentou aos fillos xemelgos de Marte). Esta festa apuntaba directamente aos sexual, á fertilidade e estaba chea de sangue e azoutes. Na festa, sacrificábanse un can e un castrón, animais considerados impuros. Os Luperci ou sacerdotes do deus, corrían semidesnudos golpeando aos que se cruzaban no seu camiños cunhas tiras de coiro. Tratábanse dun acto de purificación e fertilidade para as mulleres. No ano 496 o papa Gelasio I prohibiu as Lupercalia e instaurou o día de S. Valentín, patrón dos namorados, o 14 de febreiro. Os/as alumnos/as de Cultura Clásica venden frechas de ouro (as de n

Visita ao Museo do Mar de Vigo

Viaxamos ata a cidade olívica para visitar o Museo do Mar, render homenaxe ao escritor Jules Verne máis Antonio Sanjurjo Badía e ver o pergamiño Vindel segundo o proxecto "Até 20.000 leguas e máis alá" organizado polos departamentos de Lingua Galega e Castelá, Música, Debuxo e Normalización Lingüística.

Entrevista no departamento de Dereito Romano da USC

Os/as alumnos/as de 4º de ESO viaxan ata Compostela para facer unha entrevista a unha persoalidade do departamento de Dereito Romano da Universidade de Santiago de Compostela.

As cúpulas de Leonardo da Vinci.

Durante unha semana, e dentro das actividades lanzadas polo Departamento de Matemáticas, os/as alumnos/as de ESO estiveron a montar diferentes cúpulas autoportantes, é dicir, estructuras que se manteñen unidas e en pé grazas únicamente e exclusivamente ao seu propio peso e á acción da gravidade. Estas cúpulas son, por tanto, estructuras recíprocas, nas que os elementos que as compoñene están apoiados entre sí. O deseño orixinal destas cúpulas débense ao enxeño de Leonardo da Vinci (recollidos no seu Codex Atlanticus). As pezas que usaron están realizadas con taboleiro de contrachapado de 8 mm e seguen os 11 modelos da imaxe adxunta nos que se poden identificar os deseños das 11 cúpulas a construír. Trátanse todos eles de figuras poligonais que se repiten por translación e que poderían teoricamente continuar indefinidamente.