Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2020
  Este ano na ESO  participamos tamén no concurso de relato oral de Tíralle da lingua.Hai unha diferenza,neste curso académico se presentarán vídeos das actuacións, xa que co tema da pandemia faise moi difícil ir a un auditorio a interpretar as historias.  De tódolos xeitos o noso alumnado animouse igual e fixo estes dous relatos de medo en galego.  Un deles titulado "Rosa da Cabra" a cargo de María Fernández, Paula Otero e Carla Barreiro de 2ºA A seguinte historia,  O -3, está contada por Lucía Rosa, Luana Pastoriza e Marina Poli de 2ºB Ademáis tivemos a sorte de ter no centro a Paula Carballeira que nos ensinou a contar historias, todo elo dentro dun taller ofrecido pola ASPG por participar no concurso de narrativa oral .

Thanksgiving Day

O 26 de novembro celebrouse o Día de acción de gracias desgustando unhas sabrosas tartas de cabaza, despois de aprender en inglés, a orixe da festa, características e tradicións vinculadas a cultura americana nesta data. 

Día mundial contra as violencias de xénero.

Celebramos o Día contra a violencia de xénero traballando na problemática que ainda existe nalgúns paises, onde o matrimonio infantil está permitido. Alumnado de 2º de ESO traballou e investigou sobre esta temática na materia de valores éticos. Como traballo final presentouse un audiovisual e un mural co lema "O matrimonio infantil, unha violencia máis". O resto do alumnado participou voluntariamente noutro filme contra a violencia de xénero.  Desde as sesións de titoría leuse o manifesto contra ás violencias machistas. 

Dia internacional da infancia e a adolescencia.

Celebramos o Día internacional da Infancia e Adolescencia a través das mensaxes escritas polos nosos adolescentes, onde reivindican os seus intereses e lanzan os seus ideais á sociedade actual nun formato dixital e actual. 

Magosto e Samaín

O pasado 30 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín no CPI de Bembibre coas seguintes actividades. REPARTO DE CASTAÑAS REPARTO DE CARAMELOS TRICK OR TREAT  CONCURSO DE DESEÑO DE TOCADOS, SOMBREIROS E MÁSCARAS DE SAMAÍN CO SEU DESFILE CONCERTO POLOS ALUMNOS/AS DE 2º ESO A E B ACOMPAÑADOS POLO PROFESOR DE LINGUA INGLESA, ROBERTO. ENTREGA DE PREMIOS