Ir al contenido principal

Proxectos

PROXECTO COLABORACIÓN COA INDIA E A FUNDACIÓN VICENTE FERRER


A FUNDACIÓN:

A Fundación Vicente Ferrer créase na India en 1969 co obxectivo de buscar solucións aos graves problemas aos que se enfrontaba a comunidade rural de Anantapur. Desde entón, funciona como un organismo de forte implantación social, respectuoso coa contorna e promotor da transformación que se está producindo na rexión. Un equipo de case 2.400 persoas (das cales o 99% son naturais de Anantapur) executa o programa de desenvolvemento que a organización leva a cabo –o máis innovador na historia da India- e que cobre 3.148 pobos e beneficia a case tres millóns de persoas.

COLABORACIÓN DESDE A ESCOLA:

O CPI de Bembibre está a organizar no presente curso 2018/19, actividades organizadas polos diferentes departamentos para recaudar fondos destinados a axudar aos nenos defavorecidos da India en colaboración coa fundación Vicente Ferrer.

https://www.fundacionvicenteferrer.org/es/que-puedes-hacer/escuelas-solidarias

Comentarios

Entradas populares de este blog

 O ENTROIDO NO VAL DE DUBRA      O venres 17 de Febreiro foi o momento de celebrar o Entroido no Val de Dubra.  Os alumnos e persoal do centro celebramos estas festas populares con disfraces e bailes, e rematamos todos no pavillón municipal festexando xuntos, tras un breve desfile por Bembibre. Velaquí temos as fotos do pavillón e dos diferentes disfraces grupales de cada curso:  1º da ESO: 2º da ESO: 3º da ESO: 4º da ESO: E máis fotos:
 A CIENCIA NO VAL Esta semana o "Club de Ciencia" do C.P.I Bembibre comenzou a súa andaina recreando unha serie de interesantes experimentos. O noso obxectivo é espertar o interese polo coñecemento e investigación da ciencia, así como dar impulso ás vocacións científicas.  Os participantes, alumnos de niveis de entre 1º e 3º da E.S.O., foron capaces de recrear diversos experimentos, como o famoso diabliño de Descartes. E, entre probas e risas, alá foi media tarde.  Velaquí diferentes fotos da sesión, que se realizou no laboratorio de ciencias: Vémonos para a vindeira sesión!
 MOVENDO O CORPO NO DÍA DA DANZA / 29 DE ABRIL      Como xa vimos no Instagram a semana pasada, alumnos de 3º da E.S.O. do centro celebraron o Día da Danza, nunha actividade promovida polo Departamento de Música con dúas percusións corporais de Santi Serratosa, das coñecidas cancións "Havana", de Camila Cabello, e "Therefore I am", de Billie Eilish.  A continuación vemos as actuacións completas:     Conmemorando esta data tan especial, non nos esquezamos de apoiar ás expresións artísticas entre todos, que cada vez teñen menos presenza no ámbito educativo. Lembremos que a creatividade e a expresión artística son aspectos que tenden a ser silenciados na actualidade, pero que fan evolucionar e crecer aos seres humanos, ademáis de aportar numerosos beneficios psicolóxicos e outros. Feliz Día da Danza!