O alumnado de secundaria celebrou o día da Paz recitando uns poemas mentres soaba o tema “Irmaus” de Fuxan os ventos. Tamén leron citas acorde a esta temática, escritas sobre pombas que os/as propios/as alumnos/as realizaron en papiroflexia e que decoran a árbore da biblioteca Val do Libro.