Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como artes escénicas
  Este ano na ESO  participamos tamén no concurso de relato oral de Tíralle da lingua.Hai unha diferenza,neste curso académico se presentarán vídeos das actuacións, xa que co tema da pandemia faise moi difícil ir a un auditorio a interpretar as historias.  De tódolos xeitos o noso alumnado animouse igual e fixo estes dous relatos de medo en galego.  Un deles titulado "Rosa da Cabra" a cargo de María Fernández, Paula Otero e Carla Barreiro de 2ºA A seguinte historia,  O -3, está contada por Lucía Rosa, Luana Pastoriza e Marina Poli de 2ºB Ademáis tivemos a sorte de ter no centro a Paula Carballeira que nos ensinou a contar historias, todo elo dentro dun taller ofrecido pola ASPG por participar no concurso de narrativa oral .

Contacontos terroríficos

O alumnado de 4º de Artes Escénicas, contan ao resto de compañeiros/as, contos de medo na biblioteca. 

Asistimos ao espectáculo ofrecido pola orquesta Malabares no Teatro Principal.

O alumnado de 2º e 3º de ESO do CPI de Bembibre asisten ao espectáculo ofrecido pola orquesta Malabares no Teatro Princiapal de Santiago de Compostela.

Asistimos a unha representación moi excéntrica no Teatro Principal.

O alumnado de 3º e 4º de ESO asisten ao teatro Principal de Santiago de Compostela para ver o espectáculo teatral do dúo " Mofa e Befa" (Producións Teatrais excéntricas), "Cranios privilexiados... ou crítica dá razón perralleira".

Martes de monólogos

Festival Solsticio de Inverno - Saturnalia.

Este curso celebramos no CPI de Bembibre o festival Solsticio de Invierno e a Saturnalia con diferentes actividades organizadas desde as materias de Cultura Clásica, Latín, Lingua Castelá, Música, Artes Escénicas e Artes Plásticas. Celebramos o Solsticio de inverno para reivindicar un culto pagán asociado a un fenómeno natural que se produce nun recuncho moi especial da nosa cidade, Santiago de Compostela. Devandito fenómeno ocorre o 21 de decembro (solsticio de inverno) de nove a nove e media da mañá, cando os raios do sol saen polo Pico Sacro proxectándose sobre a Torre do Tesouro da Catedral compostelá construída por Gil de Hontañón. Os raios solares van iluminando aos poucos cada un dos 12 chanzos dos que consta a cúspide da torre, os 12 chanzos simbolizan as 12 horas solares do día, que iluminados na súa totalidade, fan que a cúspide da torre se converta nunha pirámide de ouro, nun "Ara Solis", un altar solar. Un lugar máxico relacionado co Sol Invict...