O pasado 21 de decembro o alumnado de secundaria do CPI de Bembibre celebrou o Solsticio de inverno cunha festa adicada aos deuses romanos, Saturno e Sol Invictus, para conmemorar a chegada do Nadal en Roma, Saturnalia. Ao longo da mañá tiveron lugar toda unha serie de actividades, no que tanto alumnado como profesorado, participaron. Programa de actividades: Presentación do festival polas alumnas de 4º de ESO. Charla sobre Arqueoastronomía impartida por Antón Bouzas Sierra. Performance con sacrifico e libación en honra aos deuses para inaugurar a Saturnalia por alumnado de Cultura Clásica e Latín. Tableau vivant representados por alumnado de Valores éticos e Relixión de todos os niveis. ...