Ir al contenido principal

As cúpulas de Leonardo da Vinci.

Durante unha semana, e dentro das actividades lanzadas polo Departamento de Matemáticas, os/as alumnos/as de ESO estiveron a montar diferentes cúpulas autoportantes, é dicir, estructuras que se manteñen unidas e en pé grazas únicamente e exclusivamente ao seu propio peso e á acción da gravidade. Estas cúpulas son, por tanto, estructuras recíprocas, nas que os elementos que as compoñene están apoiados entre sí. O deseño orixinal destas cúpulas débense ao enxeño de Leonardo da Vinci (recollidos no seu Codex Atlanticus).





As pezas que usaron están realizadas con taboleiro de contrachapado de 8 mm e seguen os 11 modelos da imaxe adxunta nos que se poden identificar os deseños das 11 cúpulas a construír. Trátanse todos eles de figuras poligonais que se repiten por translación e que poderían teoricamente continuar indefinidamente.




























Comentarios

Entradas populares de este blog

 OUTRO ANO MÁIS... E aquí estamos, outro ano máis celebrando o Entroido no C.P.I. Bembibre, no que os rapaces participaron cos seus propios traxes de diferentes personaxes para festexar estas épocas. Entre eles tiñamos policías, hawaianas e hawaianos, xogadores de fútbol, cantantes...  Ao final dos diferentes desfiles no pavillón municipal entregouse, coma todos os anos, un chocolate con algo doce para tomar.  Temos aquí diferentes fotos do evento cos diferentes grupos:  Grupo de 3º ESO A. Grupo de 2º ESO.  Grupo de 3º ESO B   Grupo de 4º ESO                                                                        Grupo de 1º ESO.        E máis fotos doutros participantes e das gradas:                     
 TARDES NO CLUB DE CIENCIA Integrantes do Club de Ciencia do C.P.I. Bembibre, entre os que se atopan alumnos e profesores, reuníronse unha semana máis para elaborar diferentes experimentos relacionados co mundo da ciencia. Experimentos que divirten ao alumnado, e, en ocasións, déixano abraiado. Cunha breve pausa no medio para repoñer forzas con algo de comer, estiveron prácticamente cerca de tres horas entretidos cos asuntos da física.  Velaquí temos diferentes fotos:
  NON ERAN HOMES... Bos días.  Na entrada de hoxe ímonos centrar nun grupo de mulleres, que, entre outras, publicaron e traballaron baixo seudónimos masculinos para combatir as convencións sociais da súa época.  Autoras de traballos tan coñecidos como "Frankenstein" ou "Cumbres borrascosas" publicaron baixo o anonimato ou con nome de home, cando en realidade eran mulleres. Tanto era o prexuízo contra o xénero feminino que chegou incluso a poñerse en dúbida, nalgúns casos, a súa autoría cando finalmente a verdade sae á luz. Por exemplo, durante un tempo considerouse que o autor de "Frankenstein" debía ser Percey Shelly, o marido da autora da obra, Mary Shelly, xa que para a sociedade da época non era posible que ese relato de terror saíse da cabeza dunha muller. Aquí temos unha breve exposición realizada por alumnos de 3º da ESO sobre o tema: E, para que podades gozar da lectura dalgunhas destas obras, como as das irmás Brontë ou as de Louise May Alcott, te...