Viaxamos ata a cidade olívica para visitar o Museo do Mar, render homenaxe ao escritor Jules Verne máis Antonio Sanjurjo Badía e ver o pergamiño Vindel segundo o proxecto "Até 20.000 leguas e máis alá" organizado polos departamentos de Lingua Galega e Castelá, Música, Debuxo e Normalización Lingüística.
OUTRO ANO MÁIS... E aquí estamos, outro ano máis celebrando o Entroido no C.P.I. Bembibre, no que os rapaces participaron cos seus propios traxes de diferentes personaxes para festexar estas épocas. Entre eles tiñamos policías, hawaianas e hawaianos, xogadores de fútbol, cantantes... Ao final dos diferentes desfiles no pavillón municipal entregouse, coma todos os anos, un chocolate con algo doce para tomar. Temos aquí diferentes fotos do evento cos diferentes grupos: Grupo de 3º ESO A. Grupo de 2º ESO. Grupo de 3º ESO B Grupo de 4º ESO Grupo de 1º ESO. E máis fotos doutros participantes e das gradas:







Comentarios
Publicar un comentario