Ir al contenido principal

Proxecto ReGaliza, refresca a lingua.

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas o departamento de Debuxo organizou o proxecto titulado “ReGaliza, refresca a lingua”, un proxecto que consistiu en representar as palabras máis fermosas ou máis empregadas da ligua galega así como expresións típicas ou ditos, en carteis e globos de cómic. Para elo, empregáronse tipografías propias da linguaxe de cómic e o estilo da arte POP. Todos os deseños inspiráronse nos deseños do “Rei Zentolo” que xoga coa cultura galega e a arte POP baixo a premisa de galeguidade, creatividade, universalidade.

A finalidade do proxecto foi facer un photocall que se puxo na biblioteca do Centro para celebrar o día das Letras para que alumnado e profesorado fixeran fotos cos carteis e os globiños de cómic.


Todas as persoas que se fixeron unha foto cos carteis no photocall foron  obsequiadas cunhas regalices. Os traballos realizados, fotografías e reparto de regalices correreu a cargo do alumnado de 3º ESO.


Fotografías do photocall e do reparto e degustación de regalices:






















































Exposición de fotografías no photocall:






Comentarios

Entradas populares de este blog

 OUTRO ANO MÁIS... E aquí estamos, outro ano máis celebrando o Entroido no C.P.I. Bembibre, no que os rapaces participaron cos seus propios traxes de diferentes personaxes para festexar estas épocas. Entre eles tiñamos policías, hawaianas e hawaianos, xogadores de fútbol, cantantes...  Ao final dos diferentes desfiles no pavillón municipal entregouse, coma todos os anos, un chocolate con algo doce para tomar.  Temos aquí diferentes fotos do evento cos diferentes grupos:  Grupo de 3º ESO A. Grupo de 2º ESO.  Grupo de 3º ESO B   Grupo de 4º ESO                                                                        Grupo de 1º ESO.        E máis fotos doutros participantes e das gradas:                     
 CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ NO VAL DO DUBRA No Val do Dubra esta semana lembramos o Día da Paz con diversos traballos feitos por alumnado de 3º e de 2º da E.S.O, como unha pequena exposición sobre cancións en diferentes idiomas con temáticas que aluden á paz.     Por outro lado, os alumnos de 3º tamén aportaron carteis e deseños para celebrar a idea de paz, que o mundo tanto necesita. 
 A CIENCIA NO VAL Esta semana o "Club de Ciencia" do C.P.I Bembibre comenzou a súa andaina recreando unha serie de interesantes experimentos. O noso obxectivo é espertar o interese polo coñecemento e investigación da ciencia, así como dar impulso ás vocacións científicas.  Os participantes, alumnos de niveis de entre 1º e 3º da E.S.O., foron capaces de recrear diversos experimentos, como o famoso diabliño de Descartes. E, entre probas e risas, alá foi media tarde.  Velaquí diferentes fotos da sesión, que se realizou no laboratorio de ciencias: Vémonos para a vindeira sesión!