Ir al contenido principal

Que ven o Samaín!

 E por fin cheou o Samaín!

O día 29, venres, celebramos o magosto e o Samaín.
Tivemos unha mañá ben ocupadiña:

  • Fixemos o magosto e comemos castañas:











  • Trick or treat?!

E como nos gustan os doces fomos a facer un trato coas profes de inglés para ver de que vai iso do Halloween:



  • Concerto de música ambiental:

Gústavos a música? con ela transportámonos a un ambiente fantasmagórico e tenebroso!




  • Relatos de medo:

Continuamos co terror contando relatos de medo, tanto en galego como en inglés. Esto de ser plurilingües da moito xeito! Nun tris, damos a volta ao planeta!



  • Teatro:

E para que non botedes a faltar o xénero dramático, tamén tivemos a nosa dose:

Unha representación dos alumnos de 1ºB sobre os rituais e meigallos da noite de San Xoán.





E unha performance fantástica das mozas de 4º ESO sobre os conxuros e feitizos.

Parabéns a todos! Esperamos que o pasárades moi ben... e xa de paso, que todos aprendéramos algo!


Sssshhh! E unha cousiña máis, todos os que participaron e contribuiron a que pasáramos unha mañá tan terroríficamente divertida e co estómago cheo...recibiron agasallos! Sí, sí, A - GA - SA - LLOS!!!







Comentarios