Ir al contenido principal

Día Internacional da Eliminación de la Violencia contra a Muller

Como cada ano, no día 25 de novembro, lembramos e chamamos a atención sobre un feito que continúa a ser habitual no día a día de moitas persoas, especialmente no día a día de moitas mulleres, a violencia contra elas.

O día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller serve para denunciar a violencia que é exercida contra as mulleres en todo o mundo. Nese día faise máis visible esa violencia, exercida de diferentes xeitos e reclámanse públicamente políticas e accións que contribúan á erradicación desa violencia.

A violencia contra as mulleres pode levarse a cabo de diferentes xeitos, é o noso deber aprender a identificala nos casos máis sutiles e loitar contra ela. 


Fuente: El mapa de las violencias (EL País)

O alumnado da ESO reflexionou sobre este día, o seu significado e a importancia de que desapareza calquera tipo de violencia, pero neste día, especialmente esta: a violencia contra as mulleres.

As alumnas de 4º da ESO fixeron unha marabillosa performance na que expresaron o seu rexeitamento da violencia contra as mulleres. Déixovos aquí testemuña gráfica desa fantástica iniciativa.





Comentarios

Entradas populares de este blog

 OUTRO ANO MÁIS... E aquí estamos, outro ano máis celebrando o Entroido no C.P.I. Bembibre, no que os rapaces participaron cos seus propios traxes de diferentes personaxes para festexar estas épocas. Entre eles tiñamos policías, hawaianas e hawaianos, xogadores de fútbol, cantantes...  Ao final dos diferentes desfiles no pavillón municipal entregouse, coma todos os anos, un chocolate con algo doce para tomar.  Temos aquí diferentes fotos do evento cos diferentes grupos:  Grupo de 3º ESO A. Grupo de 2º ESO.  Grupo de 3º ESO B   Grupo de 4º ESO                                                                        Grupo de 1º ESO.        E máis fotos doutros participantes e das gradas:                     
 CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ NO VAL DO DUBRA No Val do Dubra esta semana lembramos o Día da Paz con diversos traballos feitos por alumnado de 3º e de 2º da E.S.O, como unha pequena exposición sobre cancións en diferentes idiomas con temáticas que aluden á paz.     Por outro lado, os alumnos de 3º tamén aportaron carteis e deseños para celebrar a idea de paz, que o mundo tanto necesita. 
 A CIENCIA NO VAL Esta semana o "Club de Ciencia" do C.P.I Bembibre comenzou a súa andaina recreando unha serie de interesantes experimentos. O noso obxectivo é espertar o interese polo coñecemento e investigación da ciencia, así como dar impulso ás vocacións científicas.  Os participantes, alumnos de niveis de entre 1º e 3º da E.S.O., foron capaces de recrear diversos experimentos, como o famoso diabliño de Descartes. E, entre probas e risas, alá foi media tarde.  Velaquí diferentes fotos da sesión, que se realizou no laboratorio de ciencias: Vémonos para a vindeira sesión!