Ir al contenido principal

  NON ERAN HOMES...




Bos días. 
Na entrada de hoxe ímonos centrar nun grupo de mulleres, que, entre outras, publicaron e traballaron baixo seudónimos masculinos para combatir as convencións sociais da súa época. 
Autoras de traballos tan coñecidos como "Frankenstein" ou "Cumbres borrascosas" publicaron baixo o anonimato ou con nome de home, cando en realidade eran mulleres. Tanto era o prexuízo contra o xénero feminino que chegou incluso a poñerse en dúbida, nalgúns casos, a súa autoría cando finalmente a verdade sae á luz. Por exemplo, durante un tempo considerouse que o autor de "Frankenstein" debía ser Percey Shelly, o marido da autora da obra, Mary Shelly, xa que para a sociedade da época non era posible que ese relato de terror saíse da cabeza dunha muller.
Aquí temos unha breve exposición realizada por alumnos de 3º da ESO sobre o tema:





E, para que podades gozar da lectura dalgunhas destas obras, como as das irmás Brontë ou as de Louise May Alcott, temos novas adquisición na biblioteca que xa podedes levar para a casa. Animádevos!!





Comentarios

Entradas populares de este blog

 O ENTROIDO NO VAL DE DUBRA      O venres 17 de Febreiro foi o momento de celebrar o Entroido no Val de Dubra.  Os alumnos e persoal do centro celebramos estas festas populares con disfraces e bailes, e rematamos todos no pavillón municipal festexando xuntos, tras un breve desfile por Bembibre. Velaquí temos as fotos do pavillón e dos diferentes disfraces grupales de cada curso:  1º da ESO: 2º da ESO: 3º da ESO: 4º da ESO: E máis fotos:
 OUTRO ANO MÁIS... E aquí estamos, outro ano máis celebrando o Entroido no C.P.I. Bembibre, no que os rapaces participaron cos seus propios traxes de diferentes personaxes para festexar estas épocas. Entre eles tiñamos policías, hawaianas e hawaianos, xogadores de fútbol, cantantes...  Ao final dos diferentes desfiles no pavillón municipal entregouse, coma todos os anos, un chocolate con algo doce para tomar.  Temos aquí diferentes fotos do evento cos diferentes grupos:  Grupo de 3º ESO A. Grupo de 2º ESO.  Grupo de 3º ESO B   Grupo de 4º ESO                                                                        Grupo de 1º ESO.        E máis fotos doutros participantes e das gradas:                     
 A CIENCIA NO VAL Esta semana o "Club de Ciencia" do C.P.I Bembibre comenzou a súa andaina recreando unha serie de interesantes experimentos. O noso obxectivo é espertar o interese polo coñecemento e investigación da ciencia, así como dar impulso ás vocacións científicas.  Os participantes, alumnos de niveis de entre 1º e 3º da E.S.O., foron capaces de recrear diversos experimentos, como o famoso diabliño de Descartes. E, entre probas e risas, alá foi media tarde.  Velaquí diferentes fotos da sesión, que se realizou no laboratorio de ciencias: Vémonos para a vindeira sesión!