Ir al contenido principal

Entradas

Visita ciclo integral CPI Bembibre

O pasado día 29 de marzo de 2022, o alumnado de 1º da ESO foi de excursión! A actividade foi organizada polos departamentos de de Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas do CPI de Bembibre. Os alumnos e alumnas de 1º da ESO realizaron unha visita ás instalacións de abastecemento de auga potable do Concello de Pontevedra, dentro do seu ciclo integral da auga. Visitamos varias instalacións: Primeiro, visitamos o lugar de captación e bombeo de Monteporreiro. Despois, a ETAP de Lérez e, finalmente, a vimos a presa do Pontillón de Castro. Nesta visita aprendemos cal é a orixe da auga que sae na billa dos nosos fogares e como se trata para que sexa potable.

Rally Matemático Sen Fronteiras 2022

O noso alumnado de 2, 3º e 4º da ESO participou no Rally Matemático Sen Fronteiras 2022 no día 22 de marzo de 2022.  En grupos de 8 participantes, durante unha hora debían enfrontarse a problemas matemáticos de diversa índole e utilizando diferentes ferramentas (dixitais e analóxicas) e entregar as respostas de xeito telemático. Aínda que ningún dos grupos acadou a fase final, os resultados foron moi satisfactorios, pois lograron resolver correctamente moitos dos problemas propostos e, sobre todo, organizaron o traballo en grupos de tamaño considerable. Moitos parabéns! 

24 de xaneiro, día da educación

  Este mes celebramos o Día Internacional da Educación. O Día Internacional da Educación ten lugar desde que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas, en 2018, proclamou o 24 de xaneiro como a data escollida para esta celebración. Na nosa biblioteca tentamos facer partícipes aos alumnos deste día mediante a seguinte proposta: anotar en diferentes carteis, pendurados na entrada do centro, ideas para ser bos alumnos, bos profesores e para aprender mellor. Deste modo todos podemos enriquecernos coas diferentes perspectivas aportadas. Velahí os carteis: Lembremos que é moi importante celebrar o papel da educación en favor da paz e do desenvolvemento, xa que aínda moitos países carecen das mesmas oportunidades de aprendizaxe para todos. Valoremos a educación como esta merece!

Feliz Nadal!

 Temos moitas ganas de celebrar e de nos divertir, por iso, fixemos un pequeno festival para celebrar o Nadal e actividades diversas: Comezamos por cantar panxoliñas en inglés. En primeiro lugar os alumnos de 1º ESO A e B  fíxeron a súa versión de All I want for Christmas Continuaron os alumnos de 4º da ESO, que en primeiro lugar, cantaron a panxoliña  The Twelve days of Christmas Despois, deleitáronnos con un fantástico baile ao son de:  Run, Rudolf , na versión de Kelly Clarkson. E para finalizar a representación: PREMIOS! Sí, os premios que gañaron os alumnos participantes no concurso de postais de Nadal:   Xa de volta ás aulas tivemos máis sorpresas, o amigo invisible veu a taernos un agasallo e ademáis estivemos a facer coroas de Nadal para decorar as nosas casas. E con isto despedímonos ata despois das vacacións. Desfrutade moito, divertídevos moito e...sentidiño! Bo nadal e bo comezo de 2022!

Día Internacional da Eliminación de la Violencia contra a Muller

Como cada ano, no día 25 de novembro , lembramos e chamamos a atención sobre un feito que continúa a ser habitual no día a día de moitas persoas, especialmente no día a día de moitas mulleres, a violencia contra elas. O día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller serve para denunciar a violencia que é exercida contra as mulleres en todo o mundo. Nese día faise máis visible esa violencia, exercida de diferentes xeitos e reclámanse públicamente políticas e accións que contribúan á erradicación desa violencia. A violencia contra as mulleres pode levarse a cabo de diferentes xeitos, é o noso deber aprender a identificala nos casos máis sutiles e loitar contra ela.  Fuente:  El mapa de las violencias (EL País) O alumnado da ESO reflexionou sobre este día, o seu significado e a importancia de que desapareza calquera tipo de violencia, pero neste día, especialmente esta: a violencia contra as mulleres. As alumnas de 4º da ESO fixeron unha marabillosa performance ...

Día Internacional da Adolescencia - 20 de novembro

 O día 20 de novembro de 1989 entou en vigor a Convención sobre os Dereitos do Neno e dende ese momento, o 20 de novembro pasou a ser o Día Mundial da Infancia e a Adolescencia . Neste día, os nenos e nenas e os adolescentes fan as súas propostas para un mundo máis humano, máis xusto e máis sutentábel. Os nosos adolescentes tamén estiveron convocados (o xoves 18 e o venres 19) a expresar a súa opinión sobre diferentes temas e na lingua que preferisen: castelán, galego, francés ou inglés. Preparamos un recuncho con material para que todo o que quixera expresase a súa opinión. Gústanos que os cidadáns do futuro expresen as súas inquietudes! 💪

Que ven o Samaín!

 E por fin cheou o Samaín! O día 29, venres, celebramos o magosto e o Samaín. Tivemos unha mañá ben ocupadiña: Fixemos o magosto e comemos castañas: Trick or treat?! E como nos gustan os doces fomos a facer un trato coas profes de inglés para ver de que vai iso do Halloween: Concerto de música ambiental: Gústavos a música? con ela transportámonos a un ambiente fantasmagórico e tenebroso! Relatos de medo: Continuamos co terror contando relatos de medo, tanto en galego como en inglés. Esto de ser plurilingües da moito xeito! Nun tris, damos a volta ao planeta! Teatro: E para que non botedes a faltar o xénero dramático, tamén tivemos a nosa dose: Unha representación dos alumnos de 1ºB sobre os rituais e meigallos da noite de San Xoán. E unha performance fantástica das mozas de 4º ESO sobre os conxuros e feitizos. Parabéns a todos! Esperamos que o pasárades moi ben... e xa de paso, que todos aprendéramos algo! Sssshhh! E unha cousiña máis, todos os que participaron e contribuiron a que...