Ir al contenido principal

Entradas

  NON ERAN HOMES... Bos días.  Na entrada de hoxe ímonos centrar nun grupo de mulleres, que, entre outras, publicaron e traballaron baixo seudónimos masculinos para combatir as convencións sociais da súa época.  Autoras de traballos tan coñecidos como "Frankenstein" ou "Cumbres borrascosas" publicaron baixo o anonimato ou con nome de home, cando en realidade eran mulleres. Tanto era o prexuízo contra o xénero feminino que chegou incluso a poñerse en dúbida, nalgúns casos, a súa autoría cando finalmente a verdade sae á luz. Por exemplo, durante un tempo considerouse que o autor de "Frankenstein" debía ser Percey Shelly, o marido da autora da obra, Mary Shelly, xa que para a sociedade da época non era posible que ese relato de terror saíse da cabeza dunha muller. Aquí temos unha breve exposición realizada por alumnos de 3º da ESO sobre o tema: E, para que podades gozar da lectura dalgunhas destas obras, como as das irmás Brontë ou as de Louise May Alcott, te
Entradas recientes
 TARDES NO CLUB DE CIENCIA Integrantes do Club de Ciencia do C.P.I. Bembibre, entre os que se atopan alumnos e profesores, reuníronse unha semana máis para elaborar diferentes experimentos relacionados co mundo da ciencia. Experimentos que divirten ao alumnado, e, en ocasións, déixano abraiado. Cunha breve pausa no medio para repoñer forzas con algo de comer, estiveron prácticamente cerca de tres horas entretidos cos asuntos da física.  Velaquí temos diferentes fotos:
 OUTRO ANO MÁIS... E aquí estamos, outro ano máis celebrando o Entroido no C.P.I. Bembibre, no que os rapaces participaron cos seus propios traxes de diferentes personaxes para festexar estas épocas. Entre eles tiñamos policías, hawaianas e hawaianos, xogadores de fútbol, cantantes...  Ao final dos diferentes desfiles no pavillón municipal entregouse, coma todos os anos, un chocolate con algo doce para tomar.  Temos aquí diferentes fotos do evento cos diferentes grupos:  Grupo de 3º ESO A. Grupo de 2º ESO.  Grupo de 3º ESO B   Grupo de 4º ESO                                                                        Grupo de 1º ESO.        E máis fotos doutros participantes e das gradas:                     
 CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ NO VAL DO DUBRA No Val do Dubra esta semana lembramos o Día da Paz con diversos traballos feitos por alumnado de 3º e de 2º da E.S.O, como unha pequena exposición sobre cancións en diferentes idiomas con temáticas que aluden á paz.     Por outro lado, os alumnos de 3º tamén aportaron carteis e deseños para celebrar a idea de paz, que o mundo tanto necesita. 
 A CIENCIA NO VAL Esta semana o "Club de Ciencia" do C.P.I Bembibre comenzou a súa andaina recreando unha serie de interesantes experimentos. O noso obxectivo é espertar o interese polo coñecemento e investigación da ciencia, así como dar impulso ás vocacións científicas.  Os participantes, alumnos de niveis de entre 1º e 3º da E.S.O., foron capaces de recrear diversos experimentos, como o famoso diabliño de Descartes. E, entre probas e risas, alá foi media tarde.  Velaquí diferentes fotos da sesión, que se realizou no laboratorio de ciencias: Vémonos para a vindeira sesión!
 ACTUACIÓN DE MARÍA DA PONTRAGHAE BLEUENN LE FRIEC O luns 30 de Outubro recibimos á educadora e antropóloga María da Pontragha e á artista bretoa Bleuenn Le Friec no auditorio de Bembibre.  As dúas artistas mostraron, entre numerosos contos, o vínculo entre a tradición oral galega e o repertorio da música clásica. Con excelentes interpretacións , e convidando, entre as mesmas, ao público a rosquillas, gañáronse a un auditorio cheo dos rapaces do C.P.I de Bembibre.  Velaquí varias fotos do acto: