Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2024
 TARDES NO CLUB DE CIENCIA Integrantes do Club de Ciencia do C.P.I. Bembibre, entre os que se atopan alumnos e profesores, reuníronse unha semana máis para elaborar diferentes experimentos relacionados co mundo da ciencia. Experimentos que divirten ao alumnado, e, en ocasións, déixano abraiado. Cunha breve pausa no medio para repoñer forzas con algo de comer, estiveron prácticamente cerca de tres horas entretidos cos asuntos da física.  Velaquí temos diferentes fotos:
 OUTRO ANO MÁIS... E aquí estamos, outro ano máis celebrando o Entroido no C.P.I. Bembibre, no que os rapaces participaron cos seus propios traxes de diferentes personaxes para festexar estas épocas. Entre eles tiñamos policías, hawaianas e hawaianos, xogadores de fútbol, cantantes...  Ao final dos diferentes desfiles no pavillón municipal entregouse, coma todos os anos, un chocolate con algo doce para tomar.  Temos aquí diferentes fotos do evento cos diferentes grupos:  Grupo de 3º ESO A. Grupo de 2º ESO.  Grupo de 3º ESO B   Grupo de 4º ESO                                                                        Grupo de 1º ESO.        E máis fotos doutros participantes e das gradas:                     
 CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ NO VAL DO DUBRA No Val do Dubra esta semana lembramos o Día da Paz con diversos traballos feitos por alumnado de 3º e de 2º da E.S.O, como unha pequena exposición sobre cancións en diferentes idiomas con temáticas que aluden á paz.     Por outro lado, os alumnos de 3º tamén aportaron carteis e deseños para celebrar a idea de paz, que o mundo tanto necesita.