Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

Concurso de fotografía matemática

Xa temos gañadores/as do I Concurso de Fotografía Matemática "As matemáticas ao noso redor". Na Categoría A a fotografía gañadora é "Triángulo luminoso" de Lucía Ordoñez (1º ESO), e na categoría B a fotografía gañadora é "Esferas llegan tarde" de Ismael Torreira (3º ESO B). Gracias a todos/as os participantes polas súas fotografías. Parabéns aos gañadores! Triángulo luminoso Esferas llegan tarde

Martes de monólogos

Comezamos os monólogos dos alumnos de artes escénicas coas propostas de Sergio e Verónica

Celebramos a Lupercalia (S. Valentín).

O alumando de Cultura Clásica puxo á venta as frechas de Eros/Cupido, o deus do amor, o 14 de febreiro, día da Lupercalia. Con estas frechas o deus é capaz de despertar nos mortais desexos de amor (frechas de ouro) ou desdén (chumbo).  O diñeiro recaudado das frechas irá destinado a fundación Vicente Ferrer para axudar aso nenos da India. O alumnado de ESO escribiu a súa definición do amor sobre corazóns que decoraron a árbore de Val do Libro. As alumnas de Latín leron poemas sobre o amor en Latín e Galego.  Desde a materia de Música os alumnos e alumnas seleccionaron cancións de amor que se reproduciron na biblioteca durante o recreo e houbo alumnos que se lanzaron á pista de baile.

Visitamos o patrimonio histórico da USC

As alumnas de Latín, visitaron o luns 11 de febreiro, pola mañá, o patrimonio histórico da USC, onde esta lingua é unha constante. Pola tarde, tiveron unha xornada co catedrático de Dereito romano D'ors, con quen revisaron sendos aspectos da historia de Roma e das súas formas de goberno.

Xogamos ao xadrez

Visitamos o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de Coruña (MUNCYT)

Martes de monólogos