Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2018

Proxecto ReGaliza, refresca a lingua.

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas o departamento de Debuxo organizou o proxecto titulado “ReGaliza, refresca a lingua”, un proxecto que consistiu en representar as palabras máis fermosas ou máis empregadas da ligua galega así como expresións típicas ou ditos, en carteis e globos de cómic. Para elo, empregáronse tipografías propias da linguaxe de cómic e o estilo da arte POP. Todos os deseños inspiráronse nos deseños do “Rei Zentolo” que xoga coa cultura galega e a arte POP baixo a premisa de galeguidade, creatividade, universalidade. A finalidade do proxecto foi facer un photocall que se puxo na biblioteca do Centro para celebrar o día das Letras para que alumnado e profesorado fixeran fotos cos carteis e os globiños de cómic. Todas as persoas que se fixeron unha foto cos carteis no photocall foron   obsequiadas cunhas regalices. Os traballos realizados, fotografías e reparto de regalices correreu a cargo do alumnado de 3º ESO. F