Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

Thanksgiving Day

O 26 de novembro celebrouse o Día de acción de gracias desgustando unhas sabrosas tartas de cabaza, despois de aprender en inglés, a orixe da festa, características e tradicións vinculadas a cultura americana nesta data. 

Día mundial contra as violencias de xénero.

Celebramos o Día contra a violencia de xénero traballando na problemática que ainda existe nalgúns paises, onde o matrimonio infantil está permitido. Alumnado de 2º de ESO traballou e investigou sobre esta temática na materia de valores éticos. Como traballo final presentouse un audiovisual e un mural co lema "O matrimonio infantil, unha violencia máis". O resto do alumnado participou voluntariamente noutro filme contra a violencia de xénero.  Desde as sesións de titoría leuse o manifesto contra ás violencias machistas. 

Dia internacional da infancia e a adolescencia.

Celebramos o Día internacional da Infancia e Adolescencia a través das mensaxes escritas polos nosos adolescentes, onde reivindican os seus intereses e lanzan os seus ideais á sociedade actual nun formato dixital e actual. 

Magosto e Samaín

O pasado 30 de outubro celebramos o Magosto e o Samaín no CPI de Bembibre coas seguintes actividades. REPARTO DE CASTAÑAS REPARTO DE CARAMELOS TRICK OR TREAT  CONCURSO DE DESEÑO DE TOCADOS, SOMBREIROS E MÁSCARAS DE SAMAÍN CO SEU DESFILE CONCERTO POLOS ALUMNOS/AS DE 2º ESO A E B ACOMPAÑADOS POLO PROFESOR DE LINGUA INGLESA, ROBERTO. ENTREGA DE PREMIOS