Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2024
  NON ERAN HOMES... Bos días.  Na entrada de hoxe ímonos centrar nun grupo de mulleres, que, entre outras, publicaron e traballaron baixo seudónimos masculinos para combatir as convencións sociais da súa época.  Autoras de traballos tan coñecidos como "Frankenstein" ou "Cumbres borrascosas" publicaron baixo o anonimato ou con nome de home, cando en realidade eran mulleres. Tanto era o prexuízo contra o xénero feminino que chegou incluso a poñerse en dúbida, nalgúns casos, a súa autoría cando finalmente a verdade sae á luz. Por exemplo, durante un tempo considerouse que o autor de "Frankenstein" debía ser Percey Shelly, o marido da autora da obra, Mary Shelly, xa que para a sociedade da época non era posible que ese relato de terror saíse da cabeza dunha muller. Aquí temos unha breve exposición realizada por alumnos de 3º da ESO sobre o tema: E, para que podades gozar da lectura dalgunhas destas obras, como as das irmás Brontë ou as de Louise May Alcott, te