Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2018

24 de outubro, día internacional das bibliotecas

Roteiro literario por Ourense, a Atenas de Galicia.

O pasado xoves 11 de outubro o alumnado pertencente ao club de lectura viaxou ata a cidade de Ourense para facer un roteiro literario no se se falou de escritores ourensáns tan importantes como Padre Feijóo, Lamas Carvajal, Curros Enríquez, Otero, Risco, Blanco Amor e Carlos Casares. Comenzaron a visita ás 12:00 na Casa do Concello da antiga “Atenas de Galicia” onde o alcalde e a conselleira de cultura recibiron ós estudantes do CPI de Bembibre no salón de plenos. Máis tarde pasearon polas marabillosas rúas do casco antigo de Auria, escoitando as expliacións do guía e desfrutando da arte que esta cidade ofrece o viandante. Continuaron con un relaxante baño nas termas de Outariz seguindo a ritual romano alternando as augas do caldarium , tepidarium e frigidarium . Terminamos a viaxe cunha visita ao Pazo de Trasalba que foi residencia de Ramón Otero Ped