Ir al contenido principal

Roteiro literario por Ourense, a Atenas de Galicia.


O pasado xoves 11 de outubro o alumnado pertencente ao club de lectura viaxou ata a cidade de Ourense para facer un roteiro literario no se se falou de escritores ourensáns tan importantes como Padre Feijóo, Lamas Carvajal, Curros Enríquez, Otero, Risco, Blanco Amor e Carlos Casares.

Comenzaron a visita ás 12:00 na Casa do Concello da antiga “Atenas de Galicia” onde o alcalde e a conselleira de cultura recibiron ós estudantes do CPI de Bembibre no salón de plenos.

Máis tarde pasearon polas marabillosas rúas do casco antigo de Auria, escoitando as expliacións do guía e desfrutando da arte que esta cidade ofrece o viandante.


























Continuaron con un relaxante baño nas termas de Outariz seguindo a ritual romano alternando as augas do caldarium, tepidarium e frigidarium.






Terminamos a viaxe cunha visita ao Pazo de Trasalba que foi residencia de Ramón Otero Pedrayo. Na actualidade, este pazo funciona como casa-museo. Alí os/as alumnos/as poideron observar as diferentes estancias do pazo, a biblioteca con máis de seis mil libros en diferentes idiomas e unha copia a gran escala do mapa de Galicia realizado por Domingo Fontán.












Comentarios

Entradas populares de este blog

 TARDES NO CLUB DE CIENCIA Integrantes do Club de Ciencia do C.P.I. Bembibre, entre os que se atopan alumnos e profesores, reuníronse unha semana máis para elaborar diferentes experimentos relacionados co mundo da ciencia. Experimentos que divirten ao alumnado, e, en ocasións, déixano abraiado. Cunha breve pausa no medio para repoñer forzas con algo de comer, estiveron prácticamente cerca de tres horas entretidos cos asuntos da física.  Velaquí temos diferentes fotos:
 OUTRO ANO MÁIS... E aquí estamos, outro ano máis celebrando o Entroido no C.P.I. Bembibre, no que os rapaces participaron cos seus propios traxes de diferentes personaxes para festexar estas épocas. Entre eles tiñamos policías, hawaianas e hawaianos, xogadores de fútbol, cantantes...  Ao final dos diferentes desfiles no pavillón municipal entregouse, coma todos os anos, un chocolate con algo doce para tomar.  Temos aquí diferentes fotos do evento cos diferentes grupos:  Grupo de 3º ESO A. Grupo de 2º ESO.  Grupo de 3º ESO B   Grupo de 4º ESO                                                                        Grupo de 1º ESO.        E máis fotos doutros participantes e das gradas:                     
  NON ERAN HOMES... Bos días.  Na entrada de hoxe ímonos centrar nun grupo de mulleres, que, entre outras, publicaron e traballaron baixo seudónimos masculinos para combatir as convencións sociais da súa época.  Autoras de traballos tan coñecidos como "Frankenstein" ou "Cumbres borrascosas" publicaron baixo o anonimato ou con nome de home, cando en realidade eran mulleres. Tanto era o prexuízo contra o xénero feminino que chegou incluso a poñerse en dúbida, nalgúns casos, a súa autoría cando finalmente a verdade sae á luz. Por exemplo, durante un tempo considerouse que o autor de "Frankenstein" debía ser Percey Shelly, o marido da autora da obra, Mary Shelly, xa que para a sociedade da época non era posible que ese relato de terror saíse da cabeza dunha muller. Aquí temos unha breve exposición realizada por alumnos de 3º da ESO sobre o tema: E, para que podades gozar da lectura dalgunhas destas obras, como as das irmás Brontë ou as de Louise May Alcott, te...