Ir al contenido principal

 TARDES NO CLUB DE CIENCIA


Integrantes do Club de Ciencia do C.P.I. Bembibre, entre os que se atopan alumnos e profesores, reuníronse unha semana máis para elaborar diferentes experimentos relacionados co mundo da ciencia. Experimentos que divirten ao alumnado, e, en ocasións, déixano abraiado. Cunha breve pausa no medio para repoñer forzas con algo de comer, estiveron prácticamente cerca de tres horas entretidos cos asuntos da física. 
Velaquí temos diferentes fotos:







Comentarios

Entradas populares de este blog

 O ENTROIDO NO VAL DE DUBRA      O venres 17 de Febreiro foi o momento de celebrar o Entroido no Val de Dubra.  Os alumnos e persoal do centro celebramos estas festas populares con disfraces e bailes, e rematamos todos no pavillón municipal festexando xuntos, tras un breve desfile por Bembibre. Velaquí temos as fotos do pavillón e dos diferentes disfraces grupales de cada curso:  1º da ESO: 2º da ESO: 3º da ESO: 4º da ESO: E máis fotos:
 A CIENCIA NO VAL Esta semana o "Club de Ciencia" do C.P.I Bembibre comenzou a súa andaina recreando unha serie de interesantes experimentos. O noso obxectivo é espertar o interese polo coñecemento e investigación da ciencia, así como dar impulso ás vocacións científicas.  Os participantes, alumnos de niveis de entre 1º e 3º da E.S.O., foron capaces de recrear diversos experimentos, como o famoso diabliño de Descartes. E, entre probas e risas, alá foi media tarde.  Velaquí diferentes fotos da sesión, que se realizou no laboratorio de ciencias: Vémonos para a vindeira sesión!
 MOVENDO O CORPO NO DÍA DA DANZA / 29 DE ABRIL      Como xa vimos no Instagram a semana pasada, alumnos de 3º da E.S.O. do centro celebraron o Día da Danza, nunha actividade promovida polo Departamento de Música con dúas percusións corporais de Santi Serratosa, das coñecidas cancións "Havana", de Camila Cabello, e "Therefore I am", de Billie Eilish.  A continuación vemos as actuacións completas:     Conmemorando esta data tan especial, non nos esquezamos de apoiar ás expresións artísticas entre todos, que cada vez teñen menos presenza no ámbito educativo. Lembremos que a creatividade e a expresión artística son aspectos que tenden a ser silenciados na actualidade, pero que fan evolucionar e crecer aos seres humanos, ademáis de aportar numerosos beneficios psicolóxicos e outros. Feliz Día da Danza!