Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2023
 O ENTROIDO NO VAL DE DUBRA      O venres 17 de Febreiro foi o momento de celebrar o Entroido no Val de Dubra.  Os alumnos e persoal do centro celebramos estas festas populares con disfraces e bailes, e rematamos todos no pavillón municipal festexando xuntos, tras un breve desfile por Bembibre. Velaquí temos as fotos do pavillón e dos diferentes disfraces grupales de cada curso:  1º da ESO: 2º da ESO: 3º da ESO: 4º da ESO: E máis fotos:
11 DE FEBREIRO  DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA A semana pasada o Departamento de Física e Química celebrou o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia a través dunha actividade que precisou a implicación das nosas alumnas. Caracterizáronse de diversas mulleres relevantes no mundo da ciencia, como Marie Curie ou Margarita Salas, e como podedes ver, o resultado foi moi bo. Velaquí temos as caracterizacións máis de cerca:  Gracias pola vosa implicación para celebrar esta importante data!
 ATRÉVETE A SOÑAR Xa temos dispoñible na biblioteca a nova novela de Manuel Iglesias Turnes, "Os soños de Miguel".  Se gozaches con "Que non te aten" e "As rapazas de Xan", pásate por aquí e non dubides en levar a súa obra máis recente.