martes, 21 de mayo de 2019

Celebramos o día das Letras Galegas, este ano homenaxeando ao escritor Antón Fraguas e a cultura galega. Para elo, no CPI de Bembibre fixéronse tres actividades:

- Sesión de contacontos a cargo de Manuel Moure.
- Proxecto ReGaliza a cargo do alumnado de 3º de ESO para a toda a ESO.
- Actividade "Val do Dubra, centro do Mundo".

CONTACONTOS

















REGALIZA


Foi realizado polos alumnos e alumnas de 3º ESO desde a materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual sobre a fraseoloxía galega. A actividade consistiu en facer fotos no photocall ReGaliza cuns cateis con frases, palabras ou expresións típicas galegas, realizados seguindo unha linguaxe artística propia do POP ART. Con cada foto o alumnado degustou unha deliciosa regaliz.

Estas son as fotos do resultado da actividade, realizada xa, por segundo ano no centro.








































































VAL DO DUBRA, CENTRO DO MUNDO


Os alumnos de 1º da ESO realizaron a actividade "Val do Dubra, centro do Mundo" dentro da materia de Xeografía e Historia. Elaboraron un poste de sinais coas distancias a distintos lugares do mundo, e localizaron xeograficamente o centro e o concello, máis os seus meridiano e paralelo, que marcaron no chan do centro. Tamén elaboraron unha exposición e unha montaxe audiovisual dos lugares do mundo por onde cruzan, escolléndose uns 40 na mesma latitude e lonxitude.