Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2021

Día Internacional da Eliminación de la Violencia contra a Muller

Como cada ano, no día 25 de novembro , lembramos e chamamos a atención sobre un feito que continúa a ser habitual no día a día de moitas persoas, especialmente no día a día de moitas mulleres, a violencia contra elas. O día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller serve para denunciar a violencia que é exercida contra as mulleres en todo o mundo. Nese día faise máis visible esa violencia, exercida de diferentes xeitos e reclámanse públicamente políticas e accións que contribúan á erradicación desa violencia. A violencia contra as mulleres pode levarse a cabo de diferentes xeitos, é o noso deber aprender a identificala nos casos máis sutiles e loitar contra ela.  Fuente:  El mapa de las violencias (EL País) O alumnado da ESO reflexionou sobre este día, o seu significado e a importancia de que desapareza calquera tipo de violencia, pero neste día, especialmente esta: a violencia contra as mulleres. As alumnas de 4º da ESO fixeron unha marabillosa performance na que e

Día Internacional da Adolescencia - 20 de novembro

 O día 20 de novembro de 1989 entou en vigor a Convención sobre os Dereitos do Neno e dende ese momento, o 20 de novembro pasou a ser o Día Mundial da Infancia e a Adolescencia . Neste día, os nenos e nenas e os adolescentes fan as súas propostas para un mundo máis humano, máis xusto e máis sutentábel. Os nosos adolescentes tamén estiveron convocados (o xoves 18 e o venres 19) a expresar a súa opinión sobre diferentes temas e na lingua que preferisen: castelán, galego, francés ou inglés. Preparamos un recuncho con material para que todo o que quixera expresase a súa opinión. Gústanos que os cidadáns do futuro expresen as súas inquietudes! 💪

Que ven o Samaín!

 E por fin cheou o Samaín! O día 29, venres, celebramos o magosto e o Samaín. Tivemos unha mañá ben ocupadiña: Fixemos o magosto e comemos castañas: Trick or treat?! E como nos gustan os doces fomos a facer un trato coas profes de inglés para ver de que vai iso do Halloween: Concerto de música ambiental: Gústavos a música? con ela transportámonos a un ambiente fantasmagórico e tenebroso! Relatos de medo: Continuamos co terror contando relatos de medo, tanto en galego como en inglés. Esto de ser plurilingües da moito xeito! Nun tris, damos a volta ao planeta! Teatro: E para que non botedes a faltar o xénero dramático, tamén tivemos a nosa dose: Unha representación dos alumnos de 1ºB sobre os rituais e meigallos da noite de San Xoán. E unha performance fantástica das mozas de 4º ESO sobre os conxuros e feitizos. Parabéns a todos! Esperamos que o pasárades moi ben... e xa de paso, que todos aprendéramos algo! Sssshhh! E unha cousiña máis, todos os que participaron e contribuiron a que pas