Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2022
 O Samaín no Val do Dubra.  Un curso máis toca tremer de medo co Samaín, que celebraremos o 28 de Outubro no noso centro.  E para iso, que mellor que adentrarse nos relatos de terror agochados na biblioteca.  Lembrade que mañá, nas últimas horas, teremos unha celebración con concurso de cabazas, de relatos e de portas. Non poderían faltar tampouco as castañas nin os disfraces.  Todos participaremos dalgún xeito!

MÁIS NOVAS PARA A BIBLIOTECA

  Bos días a todos. Damos a benvida ao curso con novos libros dispoñibles para todo o alumnado, de temáticas moi variadas, entre elas o acoso escolar. Aquí numeramos unha pequena mostra: El valle de los lobos (Crónicas de la Torre 1) , primeira saga de Laura Gallego. Donde aprenden a volar las gaviotas , de Ana Alcolea. Invisible , de Eloy Moreno. E moitos máis, así que se queredes gozar e desfrutar da lectura achegádovos a botar un vistazo.