Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

Visita ciclo integral CPI Bembibre

O pasado día 29 de marzo de 2022, o alumnado de 1º da ESO foi de excursión! A actividade foi organizada polos departamentos de de Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas do CPI de Bembibre. Os alumnos e alumnas de 1º da ESO realizaron unha visita ás instalacións de abastecemento de auga potable do Concello de Pontevedra, dentro do seu ciclo integral da auga. Visitamos varias instalacións: Primeiro, visitamos o lugar de captación e bombeo de Monteporreiro. Despois, a ETAP de Lérez e, finalmente, a vimos a presa do Pontillón de Castro. Nesta visita aprendemos cal é a orixe da auga que sae na billa dos nosos fogares e como se trata para que sexa potable.

Rally Matemático Sen Fronteiras 2022

O noso alumnado de 2, 3º e 4º da ESO participou no Rally Matemático Sen Fronteiras 2022 no día 22 de marzo de 2022.  En grupos de 8 participantes, durante unha hora debían enfrontarse a problemas matemáticos de diversa índole e utilizando diferentes ferramentas (dixitais e analóxicas) e entregar as respostas de xeito telemático. Aínda que ningún dos grupos acadou a fase final, os resultados foron moi satisfactorios, pois lograron resolver correctamente moitos dos problemas propostos e, sobre todo, organizaron o traballo en grupos de tamaño considerable. Moitos parabéns!