Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2019

Visita ao Politécnico de Santiago de Compostela

Os/as alumnos/as de 4º de ESO visitaron o CFIP de Santiago.  

Día da Paz

O alumnado de secundaria celebrou o día da Paz recitando uns poemas mentres soaba o tema “Irmaus” de Fuxan os ventos. Tamén leron citas acorde a esta temática, escritas sobre pombas que os/as propios/as alumnos/as realizaron en papiroflexia e que decoran a árbore da biblioteca Val do Libro.

Xadrez

Curso nivel básico de xadrez dirixido ao alumnado que queira aprender os fundamentos do xogo. "O xadrez é algo máis que un xogo. É unha diversión intelectual, que ten algo de arte e moito de ciencia" Durante o mes de febreiro. Horario: Martes, xoves e venres, de 14:30 a 15:15. Inicio da actividade: martes 5 de febreiro. Lugar: Biblioteca Val do Libro (secundaria).

Festival Solsticio de Inverno - Saturnalia.

Este curso celebramos no CPI de Bembibre o festival Solsticio de Invierno e a Saturnalia con diferentes actividades organizadas desde as materias de Cultura Clásica, Latín, Lingua Castelá, Música, Artes Escénicas e Artes Plásticas. Celebramos o Solsticio de inverno para reivindicar un culto pagán asociado a un fenómeno natural que se produce nun recuncho moi especial da nosa cidade, Santiago de Compostela. Devandito fenómeno ocorre o 21 de decembro (solsticio de inverno) de nove a nove e media da mañá, cando os raios do sol saen polo Pico Sacro proxectándose sobre a Torre do Tesouro da Catedral compostelá construída por Gil de Hontañón. Os raios solares van iluminando aos poucos cada un dos 12 chanzos dos que consta a cúspide da torre, os 12 chanzos simbolizan as 12 horas solares do día, que iluminados na súa totalidade, fan que a cúspide da torre se converta nunha pirámide de ouro, nun "Ara Solis", un altar solar. Un lugar máxico relacionado co Sol Invict