Dende o curso 2013-2014 estamos a desenvolver clubs de lectura en 1º, 2º e 3º ESO con grande participación e implicación por parte do noso alumnado.
TARDES NO CLUB DE CIENCIA Integrantes do Club de Ciencia do C.P.I. Bembibre, entre os que se atopan alumnos e profesores, reuníronse unha semana máis para elaborar diferentes experimentos relacionados co mundo da ciencia. Experimentos que divirten ao alumnado, e, en ocasións, déixano abraiado. Cunha breve pausa no medio para repoñer forzas con algo de comer, estiveron prácticamente cerca de tres horas entretidos cos asuntos da física. Velaquí temos diferentes fotos:
Comentarios
Publicar un comentario