Como cada ano, no día 25 de novembro , lembramos e chamamos a atención sobre un feito que continúa a ser habitual no día a día de moitas persoas, especialmente no día a día de moitas mulleres, a violencia contra elas. O día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller serve para denunciar a violencia que é exercida contra as mulleres en todo o mundo. Nese día faise máis visible esa violencia, exercida de diferentes xeitos e reclámanse públicamente políticas e accións que contribúan á erradicación desa violencia. A violencia contra as mulleres pode levarse a cabo de diferentes xeitos, é o noso deber aprender a identificala nos casos máis sutiles e loitar contra ela. Fuente: El mapa de las violencias (EL País) O alumnado da ESO reflexionou sobre este día, o seu significado e a importancia de que desapareza calquera tipo de violencia, pero neste día, especialmente esta: a violencia contra as mulleres. As alumnas de 4º da ESO fixeron unha marabillosa performance ...