Ir al contenido principal

Entradas

  NOVAS ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA Esta semana temos novos libros moi interesantes. Entre eles atopamos unha serie de clásicos que chegan en formato manga, como As aventuras de Hucleberry Finn ou Os miserables. Pero como non só de clásicos se vive, tamén temos lecturas de autores máis actuais, como Terra ou Amanda Black, e incluso novas noutros ámbitos, como na Astronomía. Pasade pola biblioteca e botádelles un vistazo!
 FESTIVAL DE NADAL- PARTE 2     Continuamos coas actuacións grupais do festival non subidas ao Instagram:  2º ESO interpretando unha canción da BSO da película Titanic, co título My heart will go on : 3º da ESO, interpretando a canción Stay , de Rihanna:  De novo 3º da ESO, interpretando a panxoliña de Nadal Santa Claus is Comin' to Town: E finalmente, parte da interpretación da obra de teatro de 3º da ESO:  Noraboa pola vosa implicación.
 FESTIVAL DE NADAL 2022 Antes do Nadal, o noso centro festexou as vacacións no auditorio de Bembibre cunha serie de representacións.  Os alumnos do centro bailaron, cantaron, tocaron e mesmo representaron unha obra de teatro feita por eles mesmos, cun gran resultado. Noraboa a todos por participar! Nas actuacións individuais, empezamos coa actuación de Elba Priegue Guardado, de 2º ESO B: Erika Conde Pereiro, de 2º ESO A: Luana Pastoriza, de 4º de ESO: Actuación de catro alumnas de 1º da ESO: 
  CONMEMORACIÓN DO 25N No CPI Bembire sensibilizámonos contra a violencia ás mulleres e conmemoramos o día internacional da violencia de xénero con diversas actividades: pósters na biblioteca e no centro, debuxos feitos polos alumnos e mesmo unha performance realizada por varias alumnas de 4º de ESO e un alumno de 3º de ESO. Aquí vemos algúns dos debuxos contra a violencia de xénero: E algunhas imaxes da performance: 
  FESTEXAMOS O SAMAÍN O venres 4 de Novembro celebramos o Samaín no noso centro, coa participación de todos os alumnos presenes.  Nas dúas últimas horas do día tivemos concursos de portas, con representacións incluídas, concurso de relatos e degustación de castañas. Tanto as portas como as diferentes representacións deixáronos abraiados! E, para lembrar un pouco a xornada, deixámosvos aquí diferentes fotos do día.  Grazas a todos polo voso esforzo!!
 O Samaín no Val do Dubra.  Un curso máis toca tremer de medo co Samaín, que celebraremos o 28 de Outubro no noso centro.  E para iso, que mellor que adentrarse nos relatos de terror agochados na biblioteca.  Lembrade que mañá, nas últimas horas, teremos unha celebración con concurso de cabazas, de relatos e de portas. Non poderían faltar tampouco as castañas nin os disfraces.  Todos participaremos dalgún xeito!

MÁIS NOVAS PARA A BIBLIOTECA

  Bos días a todos. Damos a benvida ao curso con novos libros dispoñibles para todo o alumnado, de temáticas moi variadas, entre elas o acoso escolar. Aquí numeramos unha pequena mostra: El valle de los lobos (Crónicas de la Torre 1) , primeira saga de Laura Gallego. Donde aprenden a volar las gaviotas , de Ana Alcolea. Invisible , de Eloy Moreno. E moitos máis, así que se queredes gozar e desfrutar da lectura achegádovos a botar un vistazo.