Ir al contenido principal

Entradas

OS CAMIÑOS DO VAL DO DUBRA Os alumnos do C.P.I.Bembibre fixeron a semana pasada unha exposición na que nos ensinaron numerosos camiños relacionados coa súa vida. Por medio de fotografías e descricións, adentrámonos na contorna para saborear a fermosura agochada nos camiños do Val do Dubra. Engadimos aquí numerosos exemplos da exposición, promovida polo Departamento de Historia:
 MOVENDO O CORPO NO DÍA DA DANZA / 29 DE ABRIL      Como xa vimos no Instagram a semana pasada, alumnos de 3º da E.S.O. do centro celebraron o Día da Danza, nunha actividade promovida polo Departamento de Música con dúas percusións corporais de Santi Serratosa, das coñecidas cancións "Havana", de Camila Cabello, e "Therefore I am", de Billie Eilish.  A continuación vemos as actuacións completas:     Conmemorando esta data tan especial, non nos esquezamos de apoiar ás expresións artísticas entre todos, que cada vez teñen menos presenza no ámbito educativo. Lembremos que a creatividade e a expresión artística son aspectos que tenden a ser silenciados na actualidade, pero que fan evolucionar e crecer aos seres humanos, ademáis de aportar numerosos beneficios psicolóxicos e outros. Feliz Día da Danza!
 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO      Esta semana celebramos no C.P.I. Bembibre o Día do Libro. Ademáis de animar aos alumnos a sumerxirse no maravilloso mundo da lectura, os diferentes Departamentos de Linguas crearon unha actividade transversal que puxeron en práctica alumnos de todos os cursos. Fixeron unha táboa periódica literaria, con diferentes autores galegos, casteláns, franceses e ingleses.  Aquí temos diferentes fotos da táboa e da exposición de libros: E lembrade que, como dicía Emily Dickinson, "para viaxar lonxe, non hai mellor nave que un libro". Así que collede a vosa nave e viaxade!
 17 DE ABRIL, DÍA DE CONVIVENCIA      O 17 de Abril, luns,  alumnos do C.P.I. de Bembibre e do C.P.I. Viaño Pequeno, en Trazo, conviviron xuntos nunha xornada na que participaron en diferentes probas deportivas ao longo do día. Alumnos e profesores disfrutaron dunha xornada diferente, á que acompañou o bo tempo.  Aquí temos diversas fotos da xornada.
 InnovArt O xoves 13 de Abril visitamos a primeira feira de ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas de Galicia, que tivo lugar na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.  Alumnos de 3º e 4º da E.S.O. tiveron a oportunidade de achegarse un pouco ás Ensinanzas Artísticas, de idiomas e Deportivas de Galicia, a través de actividades como obradoiros de danza, concertos musicais sets de fotografía, charlas, actividades deportivas e moitas outras máis.  E para facer constancia da nosa presencia, fixemos algúns vídeos e fotos da visita: Esperamos que a visita inspirara novas ideas e obxectivos na vosa vida!