Ir al contenido principal

As cúpulas de Leonardo da Vinci.

Durante unha semana, e dentro das actividades lanzadas polo Departamento de Matemáticas, os/as alumnos/as de ESO estiveron a montar diferentes cúpulas autoportantes, é dicir, estructuras que se manteñen unidas e en pé grazas únicamente e exclusivamente ao seu propio peso e á acción da gravidade. Estas cúpulas son, por tanto, estructuras recíprocas, nas que os elementos que as compoñene están apoiados entre sí. O deseño orixinal destas cúpulas débense ao enxeño de Leonardo da Vinci (recollidos no seu Codex Atlanticus).





As pezas que usaron están realizadas con taboleiro de contrachapado de 8 mm e seguen os 11 modelos da imaxe adxunta nos que se poden identificar os deseños das 11 cúpulas a construír. Trátanse todos eles de figuras poligonais que se repiten por translación e que poderían teoricamente continuar indefinidamente.




























Comentarios

Entradas populares de este blog

 OUTRO ANO MÁIS... E aquí estamos, outro ano máis celebrando o Entroido no C.P.I. Bembibre, no que os rapaces participaron cos seus propios traxes de diferentes personaxes para festexar estas épocas. Entre eles tiñamos policías, hawaianas e hawaianos, xogadores de fútbol, cantantes...  Ao final dos diferentes desfiles no pavillón municipal entregouse, coma todos os anos, un chocolate con algo doce para tomar.  Temos aquí diferentes fotos do evento cos diferentes grupos:  Grupo de 3º ESO A. Grupo de 2º ESO.  Grupo de 3º ESO B   Grupo de 4º ESO                                                                        Grupo de 1º ESO.        E máis fotos doutros participantes e das gradas:                     
 TARDES NO CLUB DE CIENCIA Integrantes do Club de Ciencia do C.P.I. Bembibre, entre os que se atopan alumnos e profesores, reuníronse unha semana máis para elaborar diferentes experimentos relacionados co mundo da ciencia. Experimentos que divirten ao alumnado, e, en ocasións, déixano abraiado. Cunha breve pausa no medio para repoñer forzas con algo de comer, estiveron prácticamente cerca de tres horas entretidos cos asuntos da física.  Velaquí temos diferentes fotos:
 17 DE ABRIL, DÍA DE CONVIVENCIA      O 17 de Abril, luns,  alumnos do C.P.I. de Bembibre e do C.P.I. Viaño Pequeno, en Trazo, conviviron xuntos nunha xornada na que participaron en diferentes probas deportivas ao longo do día. Alumnos e profesores disfrutaron dunha xornada diferente, á que acompañou o bo tempo.  Aquí temos diversas fotos da xornada.