Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Matemáticas

III Concurso de fotografía matemática

Este ano volvemos a celebrar o concurso de fotografía matemática: Matemáticas no Val do Dubra.   O día 29 de abril, fíxose entrega dos premios, que consistían nun diploma e nun vale para utilizar en Ler Librerías de Bembibre. Na categoría A (1º e 2º ESO) os gañadores foron: Pablo (1ºB) con "Escaleno rectángulo feito a lapis" O segundo premio foi para Mariña (1ºA) por "Circunferencias na Natureza" Na categoría B (3º e 4º) o primeiro premio foi para Marina (3º) por "Espiral métrica infinita". E o segundo premio foi para Iria (3º) por "Rectángulos futbolísticos" . Podedes ver a exposición das fotografías participantes no concurso na entrada do edificio de secundaria. Parabéns aos gañadores!!!

Rally Matemático Sen Fronteiras 2022

O noso alumnado de 2, 3º e 4º da ESO participou no Rally Matemático Sen Fronteiras 2022 no día 22 de marzo de 2022.  En grupos de 8 participantes, durante unha hora debían enfrontarse a problemas matemáticos de diversa índole e utilizando diferentes ferramentas (dixitais e analóxicas) e entregar as respostas de xeito telemático. Aínda que ningún dos grupos acadou a fase final, os resultados foron moi satisfactorios, pois lograron resolver correctamente moitos dos problemas propostos e, sobre todo, organizaron o traballo en grupos de tamaño considerable. Moitos parabéns! 

Canguro matemático

Dúas alumnas de 3º ESO do noso centro participarán o xoves 21 de marzo no concurso "Canguro matemático", no que participa alumnado de toda España, e que, no noso caso, terá lugar no propio centro dende as 16.45 horas ata as 18:00 horas. Podedes consultar as bases do concurso na seguinte ligazón: http://www.canguromat.org.es/canguro2019/ikg2019.html Moita sorte ás dúas!

As cúpulas de Leonardo da Vinci.

Durante unha semana, e dentro das actividades lanzadas polo Departamento de Matemáticas, os/as alumnos/as de ESO estiveron a montar diferentes cúpulas autoportantes, é dicir, estructuras que se manteñen unidas e en pé grazas únicamente e exclusivamente ao seu propio peso e á acción da gravidade. Estas cúpulas son, por tanto, estructuras recíprocas, nas que os elementos que as compoñene están apoiados entre sí. O deseño orixinal destas cúpulas débense ao enxeño de Leonardo da Vinci (recollidos no seu Codex Atlanticus). As pezas que usaron están realizadas con taboleiro de contrachapado de 8 mm e seguen os 11 modelos da imaxe adxunta nos que se poden identificar os deseños das 11 cúpulas a construír. Trátanse todos eles de figuras poligonais que se repiten por translación e que poderían teoricamente continuar indefinidamente.

Exposición Xogos Lóxicos

Visita do alumnado á exposición de xogos lóxicos organizado polo Departamento de Matemáticas.