Dúas alumnas de 3º ESO do noso centro participarán o xoves 21 de marzo no concurso "Canguro matemático", no que participa alumnado de toda España, e que, no noso caso, terá lugar no propio centro dende as 16.45 horas ata as 18:00 horas. Podedes consultar as bases do concurso na seguinte ligazón:
TARDES NO CLUB DE CIENCIA Integrantes do Club de Ciencia do C.P.I. Bembibre, entre os que se atopan alumnos e profesores, reuníronse unha semana máis para elaborar diferentes experimentos relacionados co mundo da ciencia. Experimentos que divirten ao alumnado, e, en ocasións, déixano abraiado. Cunha breve pausa no medio para repoñer forzas con algo de comer, estiveron prácticamente cerca de tres horas entretidos cos asuntos da física. Velaquí temos diferentes fotos:

Comentarios
Publicar un comentario