Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2022

III Concurso de fotografía matemática

Este ano volvemos a celebrar o concurso de fotografía matemática: Matemáticas no Val do Dubra.   O día 29 de abril, fíxose entrega dos premios, que consistían nun diploma e nun vale para utilizar en Ler Librerías de Bembibre. Na categoría A (1º e 2º ESO) os gañadores foron: Pablo (1ºB) con "Escaleno rectángulo feito a lapis" O segundo premio foi para Mariña (1ºA) por "Circunferencias na Natureza" Na categoría B (3º e 4º) o primeiro premio foi para Marina (3º) por "Espiral métrica infinita". E o segundo premio foi para Iria (3º) por "Rectángulos futbolísticos" . Podedes ver a exposición das fotografías participantes no concurso na entrada do edificio de secundaria. Parabéns aos gañadores!!!

Aprendemos Estatística

 Nos días 21 e 22 de abril, o alumnado de 1º da ESO realizou unha actividade para aprender en que consiste a Estatística. Realizaron uns plans experimentais durante os recreos nos que estudaron diferentes fenómenos para estudar os seguintes fenómenos: - Coñecemos realmente a nosa contorna? - Inflúe a marca na nosa percepción da calidade dos produtos? - Como caen os zapatos? - O azucre distorsiona a nosa percepción do sabor? Cos datos extraídos realizarán un traballo á XII Incubadora de Sondax es e Experimentos da SGAPEIO. Velaquí ao alumnado entregado ao traballo da recollida de datos.

¡Hahoula houla! Il était une fois…

 Onte, 20 de abril, visitounos Samuel Mountmounjou, contador de contos camerunés. O alumnado de francés de 3º ESO e 4º ESO tivo a ocasión de “viaxar” a África e de disfrutar coas súas narracións repletas de ritmo, humor e sabiduría. Os contos narrados e nos que participaron activamente os/as alumnos/as foron “Le chien, roi des animaux”, “Les quatre amis” e “Dans la ferme”. ¡Hahula hula! Érase una vez…

The Easter Bunny has visited our school!!

Hoxe fixemos unha fantástica actividade con Llulissa, a nosa auxiliar lingüística. O Coelliño de Pascua foi deixando pistas polo centro e o noso alumnado tivo que facer unha divertida búsqueda. Esta actividade chámase Scavenger Hunt. Os equipos gañadores recibiron uns deliciosos ovos de chocolate. Os demais equipos tamén recibiron uns pequenos oviños.  Pasámolo xenial! Thank you, Llulissa!!