Ir al contenido principal

Aprendemos Estatística

 Nos días 21 e 22 de abril, o alumnado de 1º da ESO realizou unha actividade para aprender en que consiste a Estatística.

Realizaron uns plans experimentais durante os recreos nos que estudaron diferentes fenómenos para estudar os seguintes fenómenos:

- Coñecemos realmente a nosa contorna?

- Inflúe a marca na nosa percepción da calidade dos produtos?

- Como caen os zapatos?

- O azucre distorsiona a nosa percepción do sabor?

Cos datos extraídos realizarán un traballo á XII Incubadora de Sondax









es e Experimentos da SGAPEIO.

Velaquí ao alumnado entregado ao traballo da recollida de datos.



Comentarios

Entradas populares de este blog

 OUTRO ANO MÁIS... E aquí estamos, outro ano máis celebrando o Entroido no C.P.I. Bembibre, no que os rapaces participaron cos seus propios traxes de diferentes personaxes para festexar estas épocas. Entre eles tiñamos policías, hawaianas e hawaianos, xogadores de fútbol, cantantes...  Ao final dos diferentes desfiles no pavillón municipal entregouse, coma todos os anos, un chocolate con algo doce para tomar.  Temos aquí diferentes fotos do evento cos diferentes grupos:  Grupo de 3º ESO A. Grupo de 2º ESO.  Grupo de 3º ESO B   Grupo de 4º ESO                                                                        Grupo de 1º ESO.        E máis fotos doutros participantes e das gradas:                     
 17 DE ABRIL, DÍA DE CONVIVENCIA      O 17 de Abril, luns,  alumnos do C.P.I. de Bembibre e do C.P.I. Viaño Pequeno, en Trazo, conviviron xuntos nunha xornada na que participaron en diferentes probas deportivas ao longo do día. Alumnos e profesores disfrutaron dunha xornada diferente, á que acompañou o bo tempo.  Aquí temos diversas fotos da xornada.
 TARDES NO CLUB DE CIENCIA Integrantes do Club de Ciencia do C.P.I. Bembibre, entre os que se atopan alumnos e profesores, reuníronse unha semana máis para elaborar diferentes experimentos relacionados co mundo da ciencia. Experimentos que divirten ao alumnado, e, en ocasións, déixano abraiado. Cunha breve pausa no medio para repoñer forzas con algo de comer, estiveron prácticamente cerca de tres horas entretidos cos asuntos da física.  Velaquí temos diferentes fotos: