Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Excursións

Visita ciclo integral CPI Bembibre

O pasado día 29 de marzo de 2022, o alumnado de 1º da ESO foi de excursión! A actividade foi organizada polos departamentos de de Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas do CPI de Bembibre. Os alumnos e alumnas de 1º da ESO realizaron unha visita ás instalacións de abastecemento de auga potable do Concello de Pontevedra, dentro do seu ciclo integral da auga. Visitamos varias instalacións: Primeiro, visitamos o lugar de captación e bombeo de Monteporreiro. Despois, a ETAP de Lérez e, finalmente, a vimos a presa do Pontillón de Castro. Nesta visita aprendemos cal é a orixe da auga que sae na billa dos nosos fogares e como se trata para que sexa potable.

Visita ao Museo do Mar de Vigo

Viaxamos ata a cidade olívica para visitar o Museo do Mar, render homenaxe ao escritor Jules Verne máis Antonio Sanjurjo Badía e ver o pergamiño Vindel segundo o proxecto "Até 20.000 leguas e máis alá" organizado polos departamentos de Lingua Galega e Castelá, Música, Debuxo e Normalización Lingüística.

Entrevista no departamento de Dereito Romano da USC

Os/as alumnos/as de 4º de ESO viaxan ata Compostela para facer unha entrevista a unha persoalidade do departamento de Dereito Romano da Universidade de Santiago de Compostela.

Ruta dos escritores en Rianxo e visita á casa de Rosalía de Castro en Padrón.

O 4 de outubro os membros do club de lectura foron de excursión a Rianxo onde fixeron a ruta dos escritores (Rafael Dieste, Manuel Antonio e Castelao) e posteriormente visitaron a casa museo de Rosalía de Castro en Padrón.

Visita á Biblioteca Xeral Ánxel Casal e á librería Aenea en Compostela

No primeiro trimestre os facilitadores do club de lectura e os alumnos que participan neles saímos á Biblioteca Xeral ánxel Casal para unha visita guiada pola mesma na que disfrutamos e aprendimos. O paseo non acabou aquí senon que nos achegamos á Librería Aenea para un encontro con Fernando Cimadevila, escritor galego de xénero fantástico, autor da triloxía de Basilius Hoffman, libro que estamos a ler no club de terceiro da ESO.