Viaxamos ata a cidade olívica para visitar o Museo do Mar, render homenaxe ao escritor Jules Verne máis Antonio Sanjurjo Badía e ver o pergamiño Vindel segundo o proxecto "Até 20.000 leguas e máis alá" organizado polos departamentos de Lingua Galega e Castelá, Música, Debuxo e Normalización Lingüística.
17 DE ABRIL, DÍA DE CONVIVENCIA O 17 de Abril, luns, alumnos do C.P.I. de Bembibre e do C.P.I. Viaño Pequeno, en Trazo, conviviron xuntos nunha xornada na que participaron en diferentes probas deportivas ao longo do día. Alumnos e profesores disfrutaron dunha xornada diferente, á que acompañou o bo tempo. Aquí temos diversas fotos da xornada.







Comentarios
Publicar un comentario