Ir al contenido principal

Entradas

EMPEZAMOS UN NOVO CURSO  NA NOSA BIBLIOTECA    Benvidos  a todos e todas de novo!! Iniciamos un novo curso na biblioteca do C.P.I. Bembibre, que esperamos sexa moi  satisfactorio   para os alumnos e alumnas do centro.  Para profundizar no arte da lectura, non teñades dúbida en pasarvos por aquí nas horas de  lecer,  onde o equipo da biblioteca poderá atender as vosas peticións.E, para empezar, xa incorporamos novos libros ao noso catálogo:    Xa temos activo o sistema de préstamo, así que animádevos!  

III Concurso de fotografía matemática

Este ano volvemos a celebrar o concurso de fotografía matemática: Matemáticas no Val do Dubra.   O día 29 de abril, fíxose entrega dos premios, que consistían nun diploma e nun vale para utilizar en Ler Librerías de Bembibre. Na categoría A (1º e 2º ESO) os gañadores foron: Pablo (1ºB) con "Escaleno rectángulo feito a lapis" O segundo premio foi para Mariña (1ºA) por "Circunferencias na Natureza" Na categoría B (3º e 4º) o primeiro premio foi para Marina (3º) por "Espiral métrica infinita". E o segundo premio foi para Iria (3º) por "Rectángulos futbolísticos" . Podedes ver a exposición das fotografías participantes no concurso na entrada do edificio de secundaria. Parabéns aos gañadores!!!

Aprendemos Estatística

 Nos días 21 e 22 de abril, o alumnado de 1º da ESO realizou unha actividade para aprender en que consiste a Estatística. Realizaron uns plans experimentais durante os recreos nos que estudaron diferentes fenómenos para estudar os seguintes fenómenos: - Coñecemos realmente a nosa contorna? - Inflúe a marca na nosa percepción da calidade dos produtos? - Como caen os zapatos? - O azucre distorsiona a nosa percepción do sabor? Cos datos extraídos realizarán un traballo á XII Incubadora de Sondax es e Experimentos da SGAPEIO. Velaquí ao alumnado entregado ao traballo da recollida de datos.

¡Hahoula houla! Il était une fois…

 Onte, 20 de abril, visitounos Samuel Mountmounjou, contador de contos camerunés. O alumnado de francés de 3º ESO e 4º ESO tivo a ocasión de “viaxar” a África e de disfrutar coas súas narracións repletas de ritmo, humor e sabiduría. Os contos narrados e nos que participaron activamente os/as alumnos/as foron “Le chien, roi des animaux”, “Les quatre amis” e “Dans la ferme”. ¡Hahula hula! Érase una vez…

The Easter Bunny has visited our school!!

Hoxe fixemos unha fantástica actividade con Llulissa, a nosa auxiliar lingüística. O Coelliño de Pascua foi deixando pistas polo centro e o noso alumnado tivo que facer unha divertida búsqueda. Esta actividade chámase Scavenger Hunt. Os equipos gañadores recibiron uns deliciosos ovos de chocolate. Os demais equipos tamén recibiron uns pequenos oviños.  Pasámolo xenial! Thank you, Llulissa!!

Visita ciclo integral CPI Bembibre

O pasado día 29 de marzo de 2022, o alumnado de 1º da ESO foi de excursión! A actividade foi organizada polos departamentos de de Bioloxía e Xeoloxía e Matemáticas do CPI de Bembibre. Os alumnos e alumnas de 1º da ESO realizaron unha visita ás instalacións de abastecemento de auga potable do Concello de Pontevedra, dentro do seu ciclo integral da auga. Visitamos varias instalacións: Primeiro, visitamos o lugar de captación e bombeo de Monteporreiro. Despois, a ETAP de Lérez e, finalmente, a vimos a presa do Pontillón de Castro. Nesta visita aprendemos cal é a orixe da auga que sae na billa dos nosos fogares e como se trata para que sexa potable.

Rally Matemático Sen Fronteiras 2022

O noso alumnado de 2, 3º e 4º da ESO participou no Rally Matemático Sen Fronteiras 2022 no día 22 de marzo de 2022.  En grupos de 8 participantes, durante unha hora debían enfrontarse a problemas matemáticos de diversa índole e utilizando diferentes ferramentas (dixitais e analóxicas) e entregar as respostas de xeito telemático. Aínda que ningún dos grupos acadou a fase final, os resultados foron moi satisfactorios, pois lograron resolver correctamente moitos dos problemas propostos e, sobre todo, organizaron o traballo en grupos de tamaño considerable. Moitos parabéns!