Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

Canguro matemático

Dúas alumnas de 3º ESO do noso centro participarán o xoves 21 de marzo no concurso "Canguro matemático", no que participa alumnado de toda España, e que, no noso caso, terá lugar no propio centro dende as 16.45 horas ata as 18:00 horas. Podedes consultar as bases do concurso na seguinte ligazón: http://www.canguromat.org.es/canguro2019/ikg2019.html Moita sorte ás dúas!

Asistimos a unha representación moi excéntrica no Teatro Principal.

O alumnado de 3º e 4º de ESO asisten ao teatro Principal de Santiago de Compostela para ver o espectáculo teatral do dúo " Mofa e Befa" (Producións Teatrais excéntricas), "Cranios privilexiados... ou crítica dá razón perralleira".

8 de marzo. Día internacional da Muller.

O 8 de marzo celebramos o día da muller por unha igualdade de xéneros e tolerancia cero contra as violencias e o machismo. Para festexar este día tan importante, decoramos os corredores do noso Centro con pancartas de mulleres que fixeron e fan historia así como a figura de súper heroínas para decorar a árbore da biblioteca Val do Libro coa finalidade de empoderar á muller e cambiar as desigualdades que sofre a sociedad de hoxe. 

Entroido

1º de ESO: 2º de ESO: 3º ESO A: 3º ESO B: 4º ESO: Profesorado:

Día de Rosalía.

Desde a biblioteca Val do Libro celebramos o día de Rosalía decorando a nosa árbore con carautas da escritora inspiradas no estilo do Pop Art e cun certo toque de contemporaneidade. Deseño das carautas cortesía de OzocoGz.  Alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO tamén leron algúns dos poemas de Rosalía.

Xa temos as chapas da nosa biblioteca!