O 8 de marzo celebramos o día da muller por unha igualdade de xéneros e tolerancia cero contra as violencias e o machismo. Para festexar este día tan importante, decoramos os corredores do noso Centro con pancartas de mulleres que fixeron e fan historia así como a figura de súper heroínas para decorar a árbore da biblioteca Val do Libro coa finalidade de empoderar á muller e cambiar as desigualdades que sofre a sociedad de hoxe.
TARDES NO CLUB DE CIENCIA Integrantes do Club de Ciencia do C.P.I. Bembibre, entre os que se atopan alumnos e profesores, reuníronse unha semana máis para elaborar diferentes experimentos relacionados co mundo da ciencia. Experimentos que divirten ao alumnado, e, en ocasións, déixano abraiado. Cunha breve pausa no medio para repoñer forzas con algo de comer, estiveron prácticamente cerca de tres horas entretidos cos asuntos da física. Velaquí temos diferentes fotos:
Comentarios
Publicar un comentario