Este mes celebramos o Día Internacional da Educación.
O Día Internacional da Educación ten lugar desde que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas, en 2018, proclamou o 24 de xaneiro como a data escollida para esta celebración.
Na nosa biblioteca tentamos facer partícipes aos alumnos deste día mediante a seguinte proposta: anotar en diferentes carteis, pendurados na entrada do centro, ideas para ser bos alumnos, bos profesores e para aprender mellor. Deste modo todos podemos enriquecernos coas diferentes perspectivas aportadas.
Velahí os carteis:
Lembremos que é moi importante celebrar o papel da educación en favor da paz e do desenvolvemento, xa que aínda moitos países carecen das mesmas oportunidades de aprendizaxe para todos.
Valoremos a educación como esta merece!
Comentarios
Publicar un comentario